- O día das Letras Galegas: este ano adicado a María Mariño
- O día de Internet
- O día mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información
Tamén os asociados/as da Asociación de Empresarios de Sada e As Mariñas poden participar na conmemoración deste día, participando no:
I CONCURSO DE INICIATIVAS
DA REDE DE DINAMIZACIÓN DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN
1.Título: GALISADA
2. Destinatarios/as
Empresarios/as pertencentes á Asociación de Empresarios de Sada e As Mariñas
Usuarios/as da Aula Aberta de Informática - sita nas dependencias da Asociación
3. Requisitos:
Os/as participantes propoñerán contidos para encher este blog, que estean relacionados cos productos e/ ou servizos propios do seu establecemento comercial ou da súa empresa, e como requisito terán que estar íntimamente ligados á realidade, historia e cultura galega.
Estas referencias, mediante colaboracións, reseñas, e texto xeral, publicarase no blog íntegramente en lingua galega, como punto de partida da celebración do Día das Letras Galegas.
3. Obxectivos:
- Fomentar o uso do Galego entre o tecido empresarial asociado.
- Promover o uso das novas tecnoloxías (ordenadores, cámaras dixitais, internet) por parte dos/as empresarios/as asociados/as.
- Dinamizar a presenza dos/as comerciantes, hosteleiros/as e sector industria, na rede baixo dous criterios fundamentais: productos propios do seu establecemento e que teñan unha ampla e/ ou expecial relación coa lingua galega e coa tradición cultural de Galicia.
4. Desenvolvemento:
A Dinamizadora da Sociedade da Información contactará co tecido empresarial mediante visitas ás empresas nas que lles transmitirá a idea do concurso, recollendo in situ os datos necesarios para participar, cubrindo un rexistro con cada aportación:
a) producto e/ou servizo que desexa engadir ao blog
b) xustificación de porque lle resulta importante introducirlo
c) texto a engadir
d) determinar se acompaña o texto, con algunha imaxe, fotografía, etc.
Intentarase en todo momento, que a participación dos/as destinatarios/as sexa a máxima posible, que participen activamente, na edicción das súas propias entradas participantes no concurso, para o que se lles proporcionará a clave de acceso, apoio da dinamizadora e as instalacións da Aula Aberta.
4. Premios
Os premios corren a cargo da Rede de dinamización da Sociedade da Información e serán de carácter tecnolóxico: pen-drives, e outros (camisetas, axendas, porta-cds...).
5. Valoración
A elección do gañador virá determinada pola implicación no concurso, a orixinalidade, creatividad e, se é o caso, polos comentarios recibidos cada proposta, experiencia ou iniciativa.
A valoración levarase a cabo no mes de xuño de 2007.
6. Prazo ==> amplíase ata o 8 de xuño 2007 (último día)
Recolleranse propostas para incluir ao blog: http://galisada2007.blogspot.com ata o 8 de xuño de 2007
No hay comentarios:
Publicar un comentario