22/5/07

Moda Galega en Sada. ELSA

Dende ELSA, comercio do sector textil, ofrézovos MODA, e dentro de esa moda, teño un apartado de moda galega.
Algúns exemplos de deseñadores/as galegos/as que teño no meu establecemento son os seguintes:

  • MIGUEL DE LUNA, nace no 2000, como empresa distribuidora de prendas de vestir femininas, combina esforzo e deseño, baixo a premisa de que “cada persoa é única”.
    http://www.migueldeluna.com/ (Allariz - Ourense)
    MIGUEL DE LUNA ten presencia en desfiles nacionais e internacionais.



TOYPES identifícase cun producto de prestixio que abarca toda a gama de peza exterior feminina, calzado, e complementos, onde os niveles de deseño e calidade conseguiron posicionala entre os máis recoñecidos do sector textil. Nace en Lalín (Pontevedra) en 1983. http://www.toypes.com/

TOYPES conta con presencia en desfiles de moda nacionais e internacionais.

  • ALMA GITANA (A Coruña), empresa adicada ao punto.
  • GUERRAL foi fundada en 1967, en Lalín (Pontevedra) e dende entón continúa a súa evolución anticipándose a un mercado cambiante e esixente. Guerral destaca por un deseño que senta perfecto, unha liña de boa confección, sinxela pero con estilo.

GUERRAL tamén ten a súa representación en desfiles de moda de ámbito nacional e internacional.

*DESTÁCASE A PARTE HUMANA QUE

REPRESENTA A ESTAS CATRO EMPRESAS*

>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>


21/5/07

Voar Viaxes: Escapada Relax a Guitiriz





Para disfrutar dun bon fin de semana fago vos a seguinte suxerencia:



Escapada a Guitiriz nunha Fin de Semana:

Hotel Balneario Guitiriz - http://www.hoteles-hesperia.es/hoteles/Hesperia-Balneario-de-Guitiriz/

O Hotel Hesperia Balneario de Guitiriz foi construido nun edificio de principios do ségulo XX, totalmente rehabilitado no 2003 mantendo a sua estructura orixinal pero dotándo de modernas instalacións.

Pódese disfrutar de combinar o relax nun impresionante balneario de aguas termales de 4000 m2, coa práctica do deporte no campo de golf e nas pistas de tenis e paddle.

O maravilloso entorno do hotel, co seu bosque privado e o seu paseo de senderismo, faránte vivir unha fin de semana increíble. Por outro lado, o Hotel Balneario de Guitiriz está situado a tan só 25 minutos de A Coruña e Lugo.

Vos propoño unha estancia relaxante a un precio excepcional, incluindo almorzo e acceso ao clube termal.
A nosa suxerencia inclue:
- Aloxamento en habitación doble estándar
- Almorzo Buffet
- Conexión inalámbrica a Internet GRATIS
- Entrada ao Clube Termal: Piscina dinámica dotada de:
- 4 Series de chorros de pared de 3 unidades cada unha
- 1 Gran chorro de chan tipo geiser
- Chorros contra corrente
- 4 Cuellos de Cisne 2 de eles en forma de cascada
- Jacuzzi no interior da piscina con chorros no chan e asento
- 3 Camas de auga con burbuxas
- 1 Zona aeróbica
- Área de descanso con solarium interior i exterior.

Todo esto por só 107 € por persoa e fin de semana (2 noites).

Podedes contactarme en: viajesvoar@grupoairmet.com

15/5/07

"Eu non sei si xa pasou ou se inda ten que pasar, ou si aquelo que eu sentin non foi sentir, foi soñar" (Palabra no Tempo, 1963) MARÍA MARIÑO

7/5/07

17 de maio: 3 grandes acontecementos

O vindeiro 17 de maio, os galegos e galegas estamos de triple celebración, por ser este día:



  • O día das Letras Galegas: este ano adicado a María Mariño
  • O día de Internet
  • O día mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

Tamén os asociados/as da Asociación de Empresarios de Sada e As Mariñas poden participar na conmemoración deste día, participando no:

I CONCURSO DE INICIATIVAS

DA REDE DE DINAMIZACIÓN DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN

1.Título: GALISADA

2. Destinatarios/as

Empresarios/as pertencentes á Asociación de Empresarios de Sada e As Mariñas

Usuarios/as da Aula Aberta de Informática - sita nas dependencias da Asociación

3. Requisitos:

Os/as participantes propoñerán contidos para encher este blog, que estean relacionados cos productos e/ ou servizos propios do seu establecemento comercial ou da súa empresa, e como requisito terán que estar íntimamente ligados á realidade, historia e cultura galega.

Estas referencias, mediante colaboracións, reseñas, e texto xeral, publicarase no blog íntegramente en lingua galega, como punto de partida da celebración do Día das Letras Galegas.

3. Obxectivos:

  • Fomentar o uso do Galego entre o tecido empresarial asociado.
  • Promover o uso das novas tecnoloxías (ordenadores, cámaras dixitais, internet) por parte dos/as empresarios/as asociados/as.
  • Dinamizar a presenza dos/as comerciantes, hosteleiros/as e sector industria, na rede baixo dous criterios fundamentais: productos propios do seu establecemento e que teñan unha ampla e/ ou expecial relación coa lingua galega e coa tradición cultural de Galicia.

4. Desenvolvemento:

A Dinamizadora da Sociedade da Información contactará co tecido empresarial mediante visitas ás empresas nas que lles transmitirá a idea do concurso, recollendo in situ os datos necesarios para participar, cubrindo un rexistro con cada aportación:

a) producto e/ou servizo que desexa engadir ao blog

b) xustificación de porque lle resulta importante introducirlo

c) texto a engadir

d) determinar se acompaña o texto, con algunha imaxe, fotografía, etc.

Intentarase en todo momento, que a participación dos/as destinatarios/as sexa a máxima posible, que participen activamente, na edicción das súas propias entradas participantes no concurso, para o que se lles proporcionará a clave de acceso, apoio da dinamizadora e as instalacións da Aula Aberta.

4. Premios

Os premios corren a cargo da Rede de dinamización da Sociedade da Información e serán de carácter tecnolóxico: pen-drives, e outros (camisetas, axendas, porta-cds...).

5. Valoración

A elección do gañador virá determinada pola implicación no concurso, a orixinalidade, creatividad e, se é o caso, polos comentarios recibidos cada proposta, experiencia ou iniciativa.

A valoración levarase a cabo no mes de xuño de 2007.

6. Prazo ==> amplíase ata o 8 de xuño 2007 (último día)

Recolleranse propostas para incluir ao blog: http://galisada2007.blogspot.com ata o 8 de xuño de 2007