2/7/07

Receita típica de Galicia. A filloa


A FILLOA
A filloa é un produto gastronómico típico da sobremesa en Galicia.

Ingredientes 2 litros de leite, 5 ovos, 200 gramos de fariña de trigo, un anaco de touciño e un chisco de sal.


Preparación
Mestúrase o leite cos ovos batidos e a fariña ata facer unha masa, chamada amoado, que non se pegue na tixola onde se vai facer, e que se estenda ben. Engadimos unha area de sal. Úntase a tixola co touciño para facer que a superficie sexa deslizante e bótaselle este líquido engordiño, facendo que quede ben repartido por toda a superficie. Cando os bordos se despeguen sós, agárraselle por un deles e dáselle a volta. Cando estea feita sácase e sérvese nun prato.
Presentación
Normalmente sérvense todas no mesmo prato en forma de torre de filloas, abertas, unhas enriba de outras. Pódense comer quentes ou frías.
Denominación
No xeito tradicional de elaboración o amoado cociñase nunha prancha de fundición chamada "filloeira" ou sobre unha pedra rectangular, ainda que hoxe xeralmente faise nunha tixola.
Este xeito de cociñar as filloas sobre pedra dáse tradicionalmente no concello de Lestedo (Boqueixón), onde se fai unha festa gastronómica para a exaltación deste produto dende o 1984, e a cal axuda a promove-lo afamado Carnaval do Ulla. Así mesmo, no concello de Sada, tamén se fai a Festa da filloa (a tradición de facela remontase ao ano 1986).
Hai 50 anos considerábanse un postre de xente pobre e hoxe son, unha das mellores larpeiradas da nosa cociña tradicional.